domingo, 17 de mayo de 2009

"Unha familia galega"


Non hai moito tempo, o de falar galego non estaba ben visto. Insultaban e ríanse de todo aquel que se atrevía a usar o noso idioma.
Isto pasoulle a Xaquín, un neno que vivía nun pobo moi lonxe da cidade.
Era moi feliz cos seus pais, avós, irmáns ... Ata que chegou o día que tivo que ir á escola.

Esa mañá, aínda non cantara o galo e xa estaba lista para percorrer os oito quilómetros que había ata a parada do bus; pero a distancia non lle daba medo, pois a ledicia era máis forte.
Todo era novo. Nunca vira un edificio tan alto e tan grande.

Cando entrou, decatouse de que ninguén falaba coma el, pero non lle importou. A mestra foi nomeando un por un aos nenos ata que chegou a Xaquín, que levantou a man e dixo: “Eu!”
Todos botaron a rir e a burlarse.

Chegou a casa chorando. A súa nai preguntoulle que lle pasaba; el, entre sollozos, contoulle todo.
Ela consolouno dicíndolle: “Non chores por falar galego, chora por aqueles que perderon un tesouro, unha voz, unha cantiga, unha palabra ...”.

Aquel neno nunca máis chorou, seguiu falando galego: aos seus pais, avós, irmáns, fillos ... E a todos os que querían escoitalo!
Óscar

No hay comentarios:

Publicar un comentario