jueves, 2 de abril de 2009

"Virus contaxioso"

Hai un virus contaxioso que está afectando a moitos nenos do Centro. Na clase de 3º EP, polo de agora a máis afectada, faltan máis de dez alumnos; noutras aulas tamén se nota a incidencia.

Notificouse o asunto á Sanidade, primeiro telefonicamente,
e logo a través do correo electrónico. A resposta foi tranquilizadora: “gastroenterite vírica”, que orixina febre, vómitos e diarrea, pero sen maior importancia.

Por unha banda, tivemos sorte; como faltan tantos rapaces, non fixemos os controis que estaban fixados.
¡Esperamos que non vos contaxiedes,
así como a melloría dos que estades enfermos!
Uxía, David, Lucía, Andrea e Carla

No hay comentarios:

Publicar un comentario