Os nenos estaban moi ledos porque se acercaba a Pascua, e todos recibirían dos seus padriños o tradicional ovo de chocolate.
Os mestres reposteiros tiñan todo preparado para os ovos; pero sucedeu un terrible percance: o barco que traía o cacao, a materia prima do chocolate, naufragou nunha terrible tormenta.
A tristeza embargou a todo o mundo, xa non se lembraba unha Pascua sen o tradicional doce. Os nenos non terían alegría, non sería o mesmo ...
Todo o mundo pensou como solucionar o problema e houbo un neno que tivo unha moi boa idea. Pensou en facer a olla máis grande do mundo, e pedirlle aos nenos que cedesen as súas chuches de chocolate para retirar o cacao do que estaban feitas e logo entregarllo aos reposteiros.
Sofía
No hay comentarios:
Publicar un comentario