Había unha vez un gato, gris e bastante espeluxado, que sempre perseguía aos ratos e ratas. Chamábase Muxu; pero para os seus amigos Cariñas porque, cando o seu pai Pitiño e a súa nai Manitas lle rifaban, poñía unhas cariñas tan bonitas que non lles quedaba outra que perdoarlle.
Había unha rata, gris e con manchas marróns, tan difícil de cazar que, por mais que o intentaba, non o daba logrado. O seu nome era Michi; aínda que a coñecían por Boliñas, porque os seus ollos eran tan grandes que se podía xogar ao fútbol con eles.
Un día, as amigas da rata estaba xogando con ela cando apareceu o seu inimigo, mais conseguiu escapar e meteuse na súa madrigueira.
Canso xa de tanto intento para nada, Muxu rendeuse e foron amigos para sempre.
Sara
No hay comentarios:
Publicar un comentario