martes, 3 de marzo de 2009

O gazapo azul


Xan quedara orfo cando tiña dez anos, dende entón vive nunha pequena casa na montaña. Aliméntase de coellos e cenorias.
Un día, unha das coellas tivo un gazapo de cor azul. As cenorias advertíronlle que escapara daquela casa, mais el non lles fixo caso.
O neno, apurado pola fame, e sen pensalo, comeuno dun bocado.
Ao cabo duns meses, notou algo estraño: ¡Tiña a pel azul!
Entón comezou a cazar coellos, tantos que non lle cabían na casa e que lle comeron todas as cenorias que tiña.
Ao final, o rapaz tivo que marchar da súa casa. Ninguén o quería pola cor da súa pel.
E rematou sendo un vello só e azul.
Óscar

No hay comentarios:

Publicar un comentario