jueves, 5 de marzo de 2009

"Lolo, un coello diferente"

Este conto trata dun coello que tiña unha orella normal e outra caída.
Os outros coellos ríanse del, polo que intentou solucionalo de moitas maneiras: atándose unha ramiña, vendándoa para que non se notase, suxeitándoa cunha cana, atándolle un globo...

Deixando este problema, é do máis normal: baixo e delgado, coas orellas grandes, os ollos negros, e a boca e o seu nariz pequenos.
Ten un carácter moi alegre, é simpático e divertido, despistado, tímido e moi traballador.
Gústanlle, como non podía ser doutra maneira, as cenorias, as verduras, así como xogar cos amigos e correr e saltar polo monte.
Leva mal as burlas, a soidade, estar encerrado; e detesta ás aguias, aos lobos, aos raposos e aos cazadores... Quéreno matar!

Volvendo ao que lle preocupaba, acudiu ao médico, que lle dixo que non había dúas orellas iguais, pero que estivese tranquilo, que non tiña problema algún.
Aínda así, cando se atopaba con algún amigo:
- Ola, por que tes unha orella caída?
- Por culpa do vento, que fai que se caia.
- Quen che dou esa cenoria?
- O médico, porque me portei moi ben.
- Por que te vas poñer ese gorro na testa?
- Para que non me vexan nin me pregunten, coma ti, polas miñas orellas.
- Por que queres que non chas vexan?
- Para que non se rían de min.
- Pos como te vexan con gorro posto...
- Por que pensas iso?
- Porque os coellos non levamos gorro.
Lembrouse do consello do médico e nunca máis volveu pensar no asunto.

Álvaro

No hay comentarios:

Publicar un comentario