Que son brigadeiros? Non o sabedes?
Pois aquí está unha foto.
Chámanse "brigadeiros" a un postre riquiiiiiiiiiiísimo que nos trouxo a probar a nosa compañeira Larissa. Fíxoos a súa nai e ela axudou.
Pedímoslle a receita , e aquí a deixamos para que probedes a facelos na casa. Parece que é doado facelos.
Necesitaremos os seguintes ingredientes:
- Un bote de leite condensado
- 8 culleradas de chocolate (do que se come con churros)
- Fideos de chocolate, para adornar
Como se fai:
- Poñer nun cazo o leite condensado e o chocolate.
- Quentar a mestura, remexendo ben para que non se pegue no fondo do cazo.
- Deixar enfriar, e cando estea frío facer as boliñas, colocalas nos moldes de papel e espolvorealas cos fideos de chocolate.
Aviso:
Antes de facer as boliñas untar as mans con manteiga para que non se nos pegue nas mans.
Que aproveite!
Graciñas a Larissa e á súa nai.
Hola soy Sergio.Me ha gustodo mucho tu cuento Dimiry. Si sigues escribiendo asi, seras un gran escritor.
ResponderEliminarSOY SERGIO
Somos Leticia y Yéssica.Dimitry nos gustó mucho tu cuento.Me gustaría mucho que siguieras escribiendo más capítulos de este cuento porque van a tener bastante valor .
ResponderEliminarMuchos besos .
Leticia y Yéssica.