sábado, 10 de octubre de 2020

"Super Math salva o mundo"


Hai pouco tempo, A Terra era un planeta no que a xente vivía feliz. Os nenos podían xogar xuntos no parque, as familias viaxar dun país a outro, os amigos ir ao cine, e os netos disfrutar dos seus avós.


De súpeto, todo cambiou. Un malvado chamado Gárgamel enviou un virus que facía dar dor de cabeza, de ósos e de brazos. As persoas non podían saír das súas casas, porque, de infectalos, podían chegar a morrer. Por isto, tiveron que quedar sen saír moitos meses; e os nenos xa non podían ir ao parque, nin ver aos seus avós, nin moito menos ir á escola.


Farta desta situación, unha nena chamada Super Math, decidiu facer uso dos seus poderes para enfrentarse a Gárgamel e ao virus.


Así, o 28 de decembro retounos, pegounos na parede, botoulles desinfectante e allo nos ollos. Ao instante ambos derretéronse e  fixéronse po.

A xente estaba noi agradecida polo que fixera a nena e, para darlle as grazas, todos os nenos fixeron arcos da vella formados por números que pegaron nas súas fiestras.

Ah! Por se non o sabedes, un dos seus poderes son as matemáticas. É unha crack.

De feito, como moitos non foron durante moito tempo á escola, aínda hoxe en día ensínalles os números.

Dende aquel 28 de decembro a Terra e a xente... 

VOLVERON SER FELICES!


Sara

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario