miércoles, 14 de octubre de 2020

"O rato Lucas e atartaruga Pati"

Rodeando a campo preto da adega e da corte, tiña a súa casa unha tartaruga chamada Pati.


Un día paseando baixo o sol, o rato Lucas, que non vivía lonxe de alí, foi dando unha volta e parou diante da súa porta:

- Ola! Hai alguén aí? Eu son Lucas e ando a buscar unha compañeirapara que veña comigo á festa que hai mañá á tarde. Gustaríache acompañarme?

- Ola! Son Pati, pois claro que me gustaría, encántame a música e, sobre todo, bailar. Cando e onde é a festa?

- É mañá, pasarei por aquí a recollerche ás seis da tarde.

- Estupendo, estarei lista. Vémonos mañá!

Ao día seguinte, os dous estaban ansiosos para que chegase a hora. Lucas peiteose, tantas veces que case queda sen pelo. Ela non atopaba un lazo para poñer co vestido; foi ao mercado a comprar un e atopou un precioso.


Chegou a hora e o rato foi a recollela:

- Ola, espabila moito.

- Non podo, non ves que son lenta como unha tartaruga.

Unha vez que terminou de se arranxar, baixou polas escaleiras:

- Estou lista, xa podemos maarchar. Ímolo pasar xenial!

Os dous amigos chegaron e bailaron e bailaron xuntos toda  a tarde.

- Creo que o pasamos moi ben, quedaremos para outro día, non?

Zaira


No hay comentarios:

Publicar un comentario