jueves, 30 de abril de 2015

"Steven e a súa avoa"


Contareilles unha historia:

Steven foi vivir a casa da súa avoa Maricarmen: unha casiña diminuta, mais tan fermosa que parecía unha galería de arte. Todo era moi bonito e xa era noite.
Ela facía todas as tarefas da casa. Estaba enferma e non podía máis. Entón, o neno comezou a lavar, cociñar, limpar e a realizar todo para axudala, quería ver unha sonrisiña dela: Pero era demasiado tarde!

Alejandra

"Sen cores"


Nin azul, nin verde, nin amarelo... Por que non cambio de cor? Parezo un espectro!
Todos teñen cores brillantes e fermosas. Rinse de min e chámanme insecto pao.
Estou farto! 
No bosque pregunteille a unha bruxa por que non tiña cores; ela empezou a facer unha cantadela. Explicoume que eu era único e moi especial. 
Nese momento dinme conta de que o aspecto non importa.

Alejandra

miércoles, 29 de abril de 2015

"Una visita muy interesante"


Mi padre habló de que hacía espeleología por afición, no por trabajo; va a explorar, no a buscar cosas.
Fue a muchas cuevas con amigos suyos, en Asturias y Cantabria. 
Explicó que se forman con el dióxido de carbono que se junta con el agua y rompe la roca caliza, que en Galicia hay muy poca.
Encontró un lince boreal, ya extinguido en España, y lo llevó a una universidad de Oviedo; también el cadáver de un prehistórico que vivió hace más de 3.800 años y murió con quince.

Alvaro

jueves, 9 de abril de 2015

"O mundo dos sonos"

Había unha vez un neno chamado Luís. O pobre non tiña pais, vivía el só nunha casa pequena, sen nada.
Un día pola noite, aparecéuselle unha fada de cor dourada que lle dixo:
- Queres ver aos teus pais?
O pequecho, asombrado, contestou que si.


De súpeto apareceron no seu cuarto dúas pombas brancas:
- Escribe un desexo e cumpriráseche. Nós, nas nosas patiñas, levamos a mensaxe ao país dos desexos onde os soños fanse realidade.
Entón, o neno escribiu dúas notas nun papeliño branco:
- Quéroche moito, mamá.
- Quéroche moito, papá.
As pombas voaron batendo as súas ás brancas cruzando o vento. El non paraba de miralas e de pensar onde estaría aquel lugar ran fermoso.


Elas chegaron ao lugar prometido, leváronlle o papeliño aos seus pais, que estaban no ceo.
Lérono e manadáronlle outro de volta:
- Aínda que non te vexamos, sempre estás no noso corazón.
Cando o neno o leu, díxolle á fada, que estaba ao carón da súa cama:
- Grazas por axudarme a cumprir o que máis quería na miña vida.
Non se podía crer que os seus pais se esquecesen de mandarlle unha mensaxe de volta.
Aquela esperanza do pequecho era fascinante porque nunca se rendía por nada.

Un día que estaba camiñando pola praia atopou un canciño sen dono e sen ningún tipo de coidado; colleulle tanto cariño con so velo que o levou á súa casa e coidouno.
Soía camiñar por lugares que el non coñecía, viu unha cova estraña e, como moito lle gustaban os  misterios, entrou nela. Dentro estaban escritos moitos nomes que coñecía; por exemplo, os dos seus familiares e amigos.


Sorprendeuse moito ao ver todo iso.
Había algo máis alucinante: Un cofre! Gustoulle moito, abriuno e apareceron todas as fotografías del acompañado de  máis xente.
Quedouse pensando alí unhas horas.
Tempo despois preguntoulle aos seus amigos se coñecián aquel lugar, pero non foi o caso.
E iso si que é un misterio!

Pouco despois disto, soubo quen fora o sospeitoso: o seu tío Marcos, porque quería gastarlle unha broma.
Esa  tarde buscou outro lugar distinto no que investigar. Subiu a un pico do monte, no que atopou unhas rochas moi estrañas: ocas, de textura como de area; tiñan algo especial, distinto.
Sentiu curiosidade por saber se estaban relacionadas cos seus antepasados.
Preguntou, pertencían a uinha familia nobre, a única que había: Era a súa!
Dende entón, sempre foi alí para recordalos.

Un día foi á praia co seu can. Vendo o amañecer, decatouse de que algo non moi común había na auga; parecíalle unha serea pero non estaba seguro, polo que se meteu dentro.


Intentou atrapar ao ser descoñecido, pero foi ao contrario: ela colleuno e levouno ata o fondo do mar.
El estaba inquedo porque quería saír mais foi imposible.
Viu moitísimas, todas semellantes.
Quixo escapar; non puido porque as portas e as ventás estaban cerradas con chave.

Mentres que non poido saír, escoita unha voz susurrarlle ao oído. Tiña algo especial, non era como as outras, era suave e doce como a dos seus pais. Queríalle transmitir unha mensaxe:
"Non te rindas nunca, non es o único que o está a pasar mal".
Nese momento fóiselle a cabeciña á cantidade de persoas que nestes momentos están sufrindo máis que el.
As cifras eran enormes, tan grandes como todos os nenos que viven moi ben; entón, deixou de estar triste e non chorou.
Cando a serea chega, Luís contoulle unhas cantas conclusións para que ela lle deixase saír; pero non, o que si fixo foi que se levasen ben entre eles.

Xa que estiveron a ben durante tempo, el seguía tendo moita morriña polo seu lugar natal.
A serea, ao velo tan triste, preguntoulle o porque de non ter un sorriso de orella a orella, el contestoulle e decidiu levalo ao seu país: Pero iría con el, non lle deixaría ir só!
Dirixíronse cara á terra; os dous estaban encantadísimos de estar alí.
Ensinoulle o que había: praias, montañas, bosques... Todo véndoo dende a auga, claro; porque ela tiña cola, que decidiron cambiala por pernas. Conseguírono con moita tranquilidade e lentitude. Os dous quedaron moi ledos.

Chegaron á súa casa; quedaron moito máis tranquilos porque xa pasara a operación.
Toda a relación que había entre eles cambiou. Sentían algo!
Chegou o momento no cal el pediulle se podían ser mozos; dubidou un pouco, mais non dou volta atrás:
- Queres ser a miña moza?
- Si, estaría encantadísima!
Tan sorprendidos quedaron ao saber que eran parella que se desmaiaron.

Recuperaron o sentido, non eran capaces de crer que eran mozos; entón, para celebralo, fixeron unha festa para todos os seus familiares.
Da familia del ninguén asistiu, polo que estaba moi triste; tanto que, nin sequera, quixo estar presente. No seu cuarto chorou ríos e mares ata que apareceu a súa fada, que lle ensinou unha fotografía dos seus pais e logrou consolalo.

Laura