jueves, 6 de junio de 2013

"Vaia cambio!"


Érase unha vez un oso panda que sabía de todo: falar, comer e andar coma nós ... Ademais estaba vestido!
Un día foi á cidade e asustou a todo o mundo. Non saía ninguén da súa casa, estaban moi asustados.
Pouco a pouco deixaron o medo, acercáronse a el e non se movía, polo que empezaron a ser os seus amigos, invitábano ás súas casas e ata chegaron a facerlle unha.
Alí vivía comodamente.
Ao final chegou a ser un humano e sentíase moi feliz.  
Iván

"Para que o diñeiro?"


Una vez fai tempo, vivía un señor que quería ser o máis rico do mundo. Tiña aneis, cartos, de todo... E pediulle a Deus que todo o que tocase se convertería en ouro e fíxose realidade.
Tiña un problema: non podía comer nin beber nin tocar aos seus fillos. Púxose moi triste; pero cando tocou ao seu gato, todo volveu á normalidade e non pensou nunca máis nos cartos.

Pablo

miércoles, 5 de junio de 2013

"Os zocos rotos"


Érase unha vez un home que vivía coa súa irmá, á que nunca lle facía caso.
Ela díxolle que tiña que mercar uns zocos novos porque os que tiña estaban cheos de buratos; pero el, como sempre, non fixo caso.
Un día pola mañá saíu ao monte e cravouse un toxo no pe. Fíxose tanto dano que volveu a casa e díxolle á súa irmá:
A partires de agora non volverei a usalos!

Alejandro


"O susto do botón"


Había unha vez un rapaz e o seu amigo que estaban nunha lancha. Déronlle ao botón para que se acendera, mais non sabían como funcionaba.
De súpeto, acendeuse e chegaron ata unha illa na que non había ninguén.
Foron explorar, viron árbores, pensaron que alí poderían facer unha casa e así foi.
Cando voltaron á súa casa, invitaron aos seus amigos a coñecer a illa e mailo que construíran:
O seu club segredo!

Sheila

"A amizade é para sempre"


Un día un rapaz paseaba pola praia e viu a un golfiño atrapado. Correu a axudarlle e conseguiu liberalo.
O animal quería agradecerllo; entón, volveu á praia, onde o neno estaba paseando e salpicoulle.
Xogaron e fixéronse moi amigos, tanto que nunca se separaron.

Raquel Loureda

"Un día diferente"


Había unha vez dúas nenas que estaban cansas de xogar coas bonecas e decidiron ir de pesca.
Colleron as cañas e foron para o río a ver o que pasaba.
Botaron o anzol, puxéronse a falar e, de súpeto, un tirón: Pescaran algo!
Empezaron a tirar e: Saíu un calcetín!
Puxéronse algo tristes, mais decidiron volver a intentalo e pescaron unha troita.
Dende aquel día, en vez de xogar na casa, van ao río.

Olga

"A vida nunha cova"


Fai moito tempo, vivía unha vella nunha cova de Louro (Muros).
Chamábase Pepa e tiña oitenta e nove anos. Sempre estaba coidando as súas ovellas.
A súa cova era de pedra. Cando chovía, como non tiña unha porta pola entrada, mollábase enteira.
Tiña un marido chamado Antonio que, cando foi a guerra, refuxiouse con ela; pero ao pouco tempo, morreu asasinado.
Ela quedou moi triste e sen compañía. Co tempo a fame acabou con esta muller.

Laura

"A rapaciña feliz"


Érase una vez unha nena que estaba moi triste porque quería un coello.
Os seus pais preguntáronlle que lle pasaba; ela respondeu que quería un coello.
A ela non lle importaba que fora negro, branco ou gris:
Ela só quería un!
Ao final compráronllo e foi moi feliz toda a súa vida.

Cristina

sábado, 1 de junio de 2013

"Abellas fóra!"


Non sei como un día, nunha rúa próxima, había unha colmea de abellas.
Daba moito medo porque cada vez se facían máis grandes.
A xente empezou a chamar á policía local.Cando chegaron, prohibiron a entrada pola porta, había que entrar polo garaxe.
Puideron quitalas e todo volveu á normalidade.
Menos mal que non lle picaron a ninguén!

Sheila



"Coidado con abrir as portas"


A finais de ano, na rúa Francisco Añón, non sei como un home entrou nun edificio e timbrou nun piso.
Os donos abríronlle a porta, el preguntoulles onde tiñan o diñeiro, dixéronlles que non sabían de que falaba ... E pegoulles cunha muleta na cabeza.
Menos mal que chegou a policía, creron que estaba borracho.
A mañá seguinte, a dona non quería falar con ninguén.

Raquel Loureda

"Algún problemiña"


Estaba no San Froilán en Lugo e monteime nunha atracción moi vella.Non sei como me baixei e, de súpeto, o incisivo dianteiro esquerdo subíuseme para a enxiva superior. Menos mal que non o perdín!

A mañá seguinte leváronme os meus pais ao médico para que mo mirase e dixéronme que fora ao dentista. Este mandoume facer unha radiografía do dente. Ao final, fun ao ortodoncista e puxéronme o aparato que levo.
Por certo, vanme poñer braquets!
Lena


Hai uns días, pola mañá, estaba a terminar unha actuación de ximnasia, sentada nunha colchoneta mais sen parar quieta; logo levanteime con moito impulso, dobrei o dedo e fíxenme unha escordadura.
Leváronme ao Centro de Saúde, alí dixéronme que, sen ser grave, a situación podía ser dificultosa.
Eu, moi relaxada, porque xa sabía o que era.
Debemos practicar deporte con moito coidado!

Laura